A principal actividade que organizamos en Guimatur para achegar a xente á cultura mariñeira son as visitas guiadas pola beiramar e polos bancos marisqueiros de Cambados.
Actualmente fanse dous roteiros (San Tomé-O Serrido e Ribeira de Fefiñáns-Tragove), que se poden complementar coa visita a unha depuradora de mariscos.
Ao remate da visita ofrécese como agasallo unha pequena bolsa feita á man polas redeiras, con cunchas das diferentes especies de mariscos da zona.
Marisqueo a pé e a flote
Guimatur Confraría de Pescadores San Antonio. 36630 Cambados (Pontevedra) infoguimatur@guimatur.org Aviso legal | Política de privacidade