Aviso legal



1.- Aviso e información legais

O presente aviso legal regula o uso do servizo da internet www.guimatur.org (en diante, "sitio web") que Guimatur pon ao dispor dos usuarios da rede.

Guimatur é unha asociación con domicilio social na Rúa Nova s/n, Confraríaa de Pescadores San Antonio, 36630 Cambados (Pontevedra).

2.- Obxecto

A través do sitio web, Guimatur facilita aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos ao seu dispor por Guimatur ou por terceiros.

3.- Condicións de uso e aceptación

O acceso e utilización do presente sitio web atribúe a condición de usuario e implica por parte dos usuarios a plena aceptación das presentes condicións de uso, así como aquelas particulares que se establezan para determinados servizos que complementarán a estas, comprometéndose a utilizar o sitio web e os servizos de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e restantes avisos, regulamentos e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

As páxinas de www.guimatur.org poden ser visitadas libremente polos usuarios, excluíndo aquelas que se atopan en áreas pechadas ou que esixen a inscrición nun rexistro de usuarios, o que implica o enchemento do correspondente rexistro de usuario, que se efectuará na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas condicións particulares que o regulen.

Toda a información que facilite o usuario a través dos servizos deberá ser veraz. A estes efectos o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia da utilización de determinados servizos. De igual forma, será responsabilidade do usuario manter toda a información facilitada a Guimatur permanentemente actualizada de forma que responda en cada momento á situación real do usuario, non sendo responsable Guimatur dos prexuízos que se poidan causar a terceiros pola información que facilite.

Para ese efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático ("hacking") de Guimatur, doutros usuarios ou de calquera usuario da internet (hardware e software).

En particular, e a título meramente orientativo, non exhaustivo, o usuario comprométese a non transmitir, difundir ou pór á disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:

  • De calquera forma sexa contrario, menosprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos Tratados internacionais e no resto da lexislación;
  • Induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigratorias, difamatorias, infamantes, violentas, ou en xeral, contrarias á lei, á moral, e bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
  • Induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
  • Incorpore, poña a disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
  • Induza ou poida inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;
  • Induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
  • Sexa falso, ambiguo, inexacto, esaxerado ou extemporáneo, de forma que induza ou poida inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante;
  • Estea protexido por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, sen que o usuario obteña previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar;
  • Viole os segredos empresariais de terceiros;
  • Sexa contrario ao dereito, ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
  • De calquera xeito menoscabe o crédito de Guimatur ou de terceiros;
  • Infrinxa a normativa sobre segredo das comunicacións;
  • Constitúa, no seu caso, publicidade ilícita, enganosa ou desleal e, en xeral, que constitúa competencia desleal;
  • Incorpore virus ou outros elementos físicos ou electrónicos que poidan danar ou impedir o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos (hardware e software) de Guimatur ou terceiros, ou que poidan danar os documentos electrónicos e arquivos almacenados nos devanditos equipos informáticos;
  • Provoque polas súas características (tales como formato, extensión, etc.) dificultades no normal funcionamento do servizo;
  • Conteña etiquetas HTML diferentes daquelas expresamente autorizadas por Guimatur.

O usuario comprométese a utilizar correctamente os contidos postos ao seu dispor no sitio web, entendendo por estes, sen que esta enumeración teña carácter limitativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e restantes avisos, regulamentos, uso e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, e en particular comprométese a absterse de:

  • Reproducir, copiar, distribuír, pór á disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;
  • Suprimir, manipular, ou de calquera outra forma alterar o "copyright" e demais datos identificativos da reserva de dereitos de Guimatur ou dos seus titulares, das pegadas dixitais ou de calquera outro medio técnico establecido para o seu recoñecemento;
  • Obter, e até intentar obter os contidos empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxeron ao seu dispor a este efecto, ou se indicaron a este efecto nas páxinas web onde se atopen os contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente na internet.

4 .- Introdución de hiperligazóns

Os usuarios e todas aquelas persoas que teñan intención de establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web ou portal e o sitio web www.guimatur.org deberán cumprir as seguintes condicións:

  • A hiperligazón unicamente permitirá o acceso á home page ou páxina de inicio do sitio web, pero non poderá reproducila de ningún xeito;
  • Non se creará un frame sobre as páxinas web do sitio web.
  • Non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre as páxinas web do sitio web e os servizos fornecidos.
  • Non se dará a entender por ningún modo que Guimatur autorizou a hiperligazón, ou que asumiu dalgún xeito os servizos ofrecidos ou postos á disposición desde a páxina web en que se establece a hiperligazón.
  • A excepción feita daqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón, a páxina en que esta se estableza non conterá ningún signo distintivo, dos recoñecidos pola lexislación vixente, de que sexa titular Guimatur, salvo que sexa expresamente autorizado por este.
  • A páxina web en que se estableza a hiperligazón non incluirá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros, nin conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral ou aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública.

5.- Propiedade industrial e intelectual

A totalidade deste sitio web (texto, imaxes, marcas comerciais, logotipos, arquivos de audio e vídeo, botóns, arquivos de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos) é propiedade de Guimatur ou de terceiros e atópase protexida polas leis españolas e internacionais sobre propiedade industrial e intelectual. Así mesmo, e sen prexuízo do anteriormente citado, o contido do sitio web ten a consideración de programa de ordenador e é de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.

Polo feito de que o usuario acceda ao sitio web, non poden entenderse cedidos ao mesmo ningún dos dereitos de explotación que existan ou poidan existir sobre os devanditos usos máis alén dos estritamente necesarios para o correcto uso do sitio web.

6.- Limitación de responsabilidade

Guimatur exclúe, con toda a extensión que permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse a:

  • Presenza de virus ou presenza doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheros dos usuarios.
  • A transmisión, difusión, almacenamento, posta á disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos.
  • Falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos servizos, á defraudación da utilidade que os usuarios puideran atribuír ao sitio web e aos servizos, á falibilidad do sitio web e dos servizos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas web do sitio ou aquelas desde as cales se prestan os servizos.
  • O correcto funcionamento dos dispositivos técnicos de enlace (tales como, entre outros, banners e botóns), directorios e ferramentas de procura que permitan aos usuarios acceder a sitios web pertencentes e/ou xestionados por terceiros. A instalación destes dispositivos técnicos ten por único obxecto facilitar aos usuarios a procura e acceso á información, contidos e servizos dispoñibles na internet.
  • A calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos e servizos existentes nos sitios enlazados.
  • A utilización dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, ou a falta de veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade da información que os usuarios proporcionan a outros usuarios.
  • Os contidos que os usuarios dos foros de debate ou listas de distribución poidan introducir, ou ás opinións vertidas nos mesmos. Guimatur non ten obrigación de controlar, e non controla, a utilización que os usuarios fan do portal, dos servizos.

7.- Política de privacidade

Os usos e regras que Guimatur segue en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 de 13 de Decembro, Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, son os que se expoñen na páxina relativa  á privacidade (www.guimatur.org/main.aspx?ApartId=35) do presente sitio web.

8.- Notificacións

Todas as notificacións realizadas por un usuario ou terceiro a Guimatur, consideraranse eficaces sempre que se dirixan a Guimatur dalgunha das seguintes formas:

- Envío por correo postal a Guimatur con enderezo na Rúa Nova s/n, Confraría de Pescadores San Antonio, 36630 Cambados (Pontevedra)

- Envío por correo electrónico a infoguimatur@guimatur.org

Se a comunicación se refire á realización de actividades ilícitas ou á infracción de dereitos de propiedade industrial ou intelectual debe achegar documentación que acredite os feitos, así como declaración expresa da veracidade da mesma.

9.- Duración e suspensión dos servizos

Guimatur resérvase a facultade de suspender os servizos cando o estime pertinente, e en particular a aqueles usuarios que infrinxan o establecido no presente aviso legal.

10.- Lexislación aplicable

O presente aviso legal e todas as relacións que se establezan con Guimatur rexeranse polo establecido na lexislación española.

 

 

Guimatur
Confraría de Pescadores San Antonio. 36630 Cambados (Pontevedra) infoguimatur@guimatur.org
Aviso legal | Política de privacidade