Benvidos á nova web de GUIMATUR



Guimatur é unha asociación que está formada por 19 compoñentes, das cales 17 son mariscadoras e 2 redeiras. Está aberta a todas as mulleres que traballen no sector marítimo-pesqueiro de Cambados (bateeiras, armadoras, mariñeras…).

Guimatur nace no ano 2004 a propósito duns cursos de formación subvencionados por fondos europeos (Plan EQUAL) e celebrados no Concello de Cambados en estreita colaboración coa Confraría de Pescadores “San Antonio” de Cambados.

>> seguir lendo

Últimas noticias sobre Guimatur


Próximas feiras de Guimatur

"Este ano 2008 Guimatur  preséntase a varias feiras de Turismo"

Este ano, a Asociación Guimatur, da man de Turgalicia, pretende darse a coñecer en diversas feiras de Turismo e fomentar así asúa actividade a nivel do estado.


Novo proxecto de Guimatur

Este ano 2008 guimatur pon en marcha o proxecto "O Serrido"

Este ano guimatur pon en marcha o proxecto  "O Serrido".Este proxecto está especialmente diseñado para colexios de escolares de 6 a 12 anos . Con este proxecto pretendemos dar a coñecer os escolares a cultura mariñeira e marisqueira , con actividades adecuadas as edades dos escolares en compaña das mariscadoras , con unha visita a unha depuradora de mariscos e a  lonxa de Cambados .O finalizar a visita  entregáraselles os profesores unhas unidades didácticas para que poidan reforzar nas aulas o aprendido na visita. No albúm de fotos  podránse ver algúnhas das fotografías das visitas



 

Guimatur
Confraría de Pescadores San Antonio. 36630 Cambados (Pontevedra) infoguimatur@guimatur.org
Aviso legal | Política de privacidade